Nace en Rianxo unha plataforma para a venda on-line do comercio local

RIANXO> O comercio de Rianxo disporá dun escaparate virtual e dunha plataforma de venda en liña. O concello e a asociación rianxeira de empresario xa están a colaborar na posta a punto do proxecto ‘MercaRianxo’.

‘Mercarianxo.gal’. Este é o nome do escaparate virtual do que poderán formar parte os negocios rianxeiros que o desexen. Na primeira fase do proxecto que xa se está a desenvolver agruparanse tódolos establecementos baixo o mesmo dominio co obxectivo de facilitar á cidadanía a localización de empresas e promocionar os servizos e produtos que ofrecen.

A segunda fase consisitrá na creación dun market place a venda dos produtos dos negocios locais a través da rede.

A asociación de empresarios será a encargada de desenvolver este proxecto granzas a unha subvención da Xunta de Galicia para financiar parte do investimento.

Nos próximos días, iniciaranse os contactos coas distintas empresas do municipio para comezar a incluír na plataforma a información sobre todas aquelas que desexen formar parte de ‘MercaRianxo’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí