Unanimidade na aprobación das obras do POS 2014

    RIBEIRA> As actuacións, na súa maioría pavimentación e melloras de viais, ascenden a máis de 453 mil euros. Por unanimidade os catro grupos con representación na corporación municipal ribeirense aprobaban as obras incluídas no POS da Deputación da Coruña para o 2014. O equipo de goberno decidiu incluír na relación diversas actuacións pendentes que xa foron tratadas en diferentes sesión plenarias ó longo do ano, moitas delas demandas dos propios grupos da oposición. O alcalde, Manuel Ruíz foi o encargado de detallar cada unha delas. Todas suman un investimento de máis de 453 mil euros. Dende a oposición apoiaron tamén a relación de obras incluídas no POS para o 2014. Durante a sesión de carácter extraordinario tamén se abordaron outros temas de interese, como foi o cambio de titularidade do contrato da xestión dos servizos municipais de auga e saneamento, que pasa de Aguagest a Viaqua, ó producirse un cambio no nome da empresa. Tamén se resolveron as alegacións ás ordenanzas fiscais no tocante ás taxas polo uso das pistas de padel e a devolución a Calena Barbanza, a empresa que se encargaba anteriormente da xestión da gardería municipal, da fianza da garantía depositada. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/19/plenoribeirapos191213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/19/plenoribeirapos191213.mp4{/flowplayer}