Continúa a programación musical en Ribadumia co espectáculo africano Umoja

    convenioribadumia_100.jpgRIBADUMIA > O musical africano Umoja chega este mes ó Salnés, na que é a súa primeira actuación en España. Será no Auditorio Santa Eulalia …

    … de Ribadumia o 26 de febreiro, grazas o acordo de colaboración cultural asinado esta mañá entre o concello a entidade bancaria Caixanova. Co espectáculo Umoja, o auditorio Santa Eulalia de Ribadumia consolídase coma un espazo artístico referente na comarca. Con tan só oito meses de existencia, unhas 54 actuacións xa pasaron polas súas salas.

    Este musical que xa se estreou en distintos países europeos e doutros continentes, é unha aposta do concello por manter unha programación estable e de calidade, coa que Ribadumia se está facendo un oco na circuíto cultural da comarca. Salomé Peña, alcaldesa da vila, tamén sinalou esta mañá a súa intención de que Umoja atraia deste xeito a xente de dentro e de fora do concello.

    Pola súa banda, director de Relacións Institucionais de Caixanova, Antonio Gómez, quixo salientar que anda que se trata dun espectáculo descoñecido polo gran público, é dunha grande calidade afianza pola crítica. As entradas para ver Umoja xa estarán a venda a partir de mañá. Pódense mercar tanto por teléfono coma por internet por 12 euros, e aconsellamos ós interesados que se apuren na súa compra, xa que as entradas do anterior espectáculo desta similitude que chegara ó auditorio, O Circo Acrobático de Pekín, esgotáronse en dúas horas.

    Redacción Salnés