O BNG de Noia denuncia os incumprimentos da ordenanza reguladora do uso do galego

NOIA> A aprobación por unanimidade en maio de 2021 da ordenanza reguladora para o uso do galego por parte da corporación supuxo un fito importante, poñendo ó concello noiés á altura das sete grandes cidades e doutros poucos municipios que contan con este regulamento.

Aínda así, dous anos despois desa aprobación, os avances son para o BNG, a todas luces, insuficientes.

Segundo os nacionalistas existen moitas normas que se recollen nesta ordenanza que, segundo eles, a día de hoxe, seguen sen cumprirse.

O BNG pide tamén que o Concello faga tódolos esforzos necesarios para dispoñer dun servizo de normalización linguística, unha figura que aparece tamén recollida na dita ordenanza reguladora do uso do galego por parte da Administración Local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí