Pontevedra encabeza os casos de alto risco de violencia machista en Galicia

    reunionunidadesviolenciadexenero_100.jpgPONTEVEDRA > Esta mañá reuníronse en Pontevedra as responsables das unidades de violencia de xénero das catro provincias galegas,así coma coa coordinadora …

    … galega, Violeta Rodríguez Carballal, e o Subdelegado do Goberno pontevedrés, Delfín Fernández. Unha xuntanza na as responsables fixeron unha análise cualitativa da progresión dos casos e dos procedementos a empregar na loita contra a violencia machista, que rexistra na provincia de Pontevedra, o maior número de casos de alto risco na comunidade.

    Planificar o traballo das unidades das Subdelegacións, coordinar os procedementos e protocolos de actuación conxunta e valorar os casos de alto risco en cada unha das provincias, foron as tarefas levadas a cabo na xuntanza de hoxe. O 2008 non empezou con bo pé en Galicia no referente á violencia machista.

    Ademais Pontevedra, é a provincia que rexistra un maior número de denuncias das catro galegas. Un dato que lembrou esta mañá a responsable da Unidade de Coordinación conta Violencia de Xénero en Galicia, Violeta Rodríguez Carballal, tamén se debe interpretar no seu lado positivo, xa que supón que un alto porcentaxe de mulleres de atreven a denunciar.

    A alta densidade poboacional de Pontevedra é, segundo Violeta Rodríguez, un dos motivos polos cales nesta provincia se rexistraron un alto número de casos dende que comezara o 2008. Uns casos que se espera vaian en descenso. Aínda así o número de situacións de alto risco en Galicia, sinalaron, é menor co do resto do país.

    Na xuntanza desta mañá tamén se estudou a progresión de dúas experiencias piloto postas en marcha en Pontevedra e Ourense contra violencia machista. Unha no ámbito das forzas de seguridade, e outra no sanitario. De ser efectivas, ampliaranse ás outras dúas provincias galegas.

    Redacción Salnés