A comarca preparase para o día de San Valentín

    dv_687_-_rosas_100.jpgSALNÉS > Mañá celebrase o día de San Valentín ou dos namorados, unha onomástica que ten a súa orixe no ano 270, cando San Valentín…

    …foi martirizado, malia que acabada de devolverlle a vista a filla dun lugartenente romano. Desde aquela e ata os nosos días, os namorados conmemoran este día regalándose mutuamente como proba do seu amor.

    Entre os regalos preferidos para este día están sobre todo as flores; e entre elas a rosa vermella, ben sexa soa ou acompañada, en ramo ou en cesto. Neste artigo adoitamos gastarnos, principalmente os homes, unha media de 50 euros, aínda que hai opcións para tódolos petos. Lucía Brea, a propietaria da florería Ikebana de Vilanova asegura que este ano, mesmo se vendeu máis que en edicións anteriores, á falta de que chegue mañá, que é o día forte das vendas. Esto débese, en gran medida, a que as novas xeracións teñen están moi concienciados sobre a necesidade de regalar nesta data.

    Outro dos artigos estrela destas datas para as persoas románticas son as xoias. Principalmente son os homes os que se decantan por estes artigos;e son eles os que máis se deixan aconsellar polos profesionais da xoiería. Na rúa a maioría dos enquisados pensa que este é un día moi comercializado. Así e todo, van a ser moitos os que teñan mañá un detalle ca súa parella. No que si coinciden as opinións da rúa é en que non fai falta gastarse moito para regalar e que o fundamental é o detalle, sexa cal sexa o día do ano.

    Concurso cartas de amor

    Como antesala do día de San Valentín, o Concello de Sanxenxo entregou onte os premios ós gañadores do concurso de Cartas de Amor; que organizaron os departamentos de voluntariado e o taller de memoria. O acto celebrouse no auditorio do Pazo de Emilia Pardo Bazán, baixo a presidencia da Alcaldesa Catalina González. E foi, precisamente esta rexedora local a encargada de entregar os primeiros premios ós dous mellores de cada categoría, de entre os 30 traballos presentados.

     Así, os gañadores da cea para dúas persoas no Hotel Carlos I na categoría de menores de 40 anos, foron Ana Isabel Estévez e Jorge García Caamaño e na de veteranos, Carmen Pomares e Celestino Castro. Tamén obtivo unha mención especial o traballo presentado por María Cruz Míguez Barreiro. Logo da lectura das cartas gañadoras por parte dos seus premios autores, os presentes asistiron a un concerto do Grupo Manso e Amigos.

    Redacción Salnés