BOIRO> O PP volve a recoller o malestar de moitos veciños de Boiro que se viron afectados este verán polos problemas derivados do mal funcionamento da rede municipal.
Para os populares esta situación ten un claro responsable, que non é outro que o goberno municipal, pola súa mala xestión.
Dende o PP reclámanlle ó equipo de goberno a realización dunha auditoría sobre o estado actual da rede municipal e que se destine maior investimento á mellora deste servizo.











