![]()
POBRA > A pesar de que máis da metade de persoal da plantilla da Policía Local atópase de baixa, o concello garantirá o servizo durante as 24 horas do día.
{flowplayer}barbanza/baixaspolicia.flv{/flowplayer}
Na actualidade, un total de oito axentes, dos catorce que conforman o cadro de persoal da policía da Pobra non acude a traballar por baixa médica. A recente entrada en vigor da nova lei das policías locais impide a contratación de auxiliares para facer a substitucións correspondentes. Por isto, o concello recurriu a outras forzas de seguridade, como a Garda Civil, para garantir por completo o servizo.
O executivo remitiu un escrito á subdelegación do goberno e á comandancia da Garda Civil na Coruña explicando a situación en que se atopan os servizos de seguridade cidadá e solicitando a súa colaboración.
O alcalde, Isaac Maceiras, amosouse moi crítico coa actual situación que atravesa a plantilla da policía, alufindo á súa delicada sáude. Dende o executivo examinaranse rigurosamente tódalas baixas presentadas para garantir que se axustan ós criterios legais.
Redacción Barbanza








