Hoxe adxudicáronse vintetrés vivendas protexidas en Barrantes

    dv_702_-_vpa_100.jpgRIBADUMIA > A consellería de Vivenda e Solo adxudicou esta mañá 23 vivendas de protección autonómica no concello de Ribadumia.

    Entre estes inmobles construídos na localidade de Barrantes figuran 9 vivendas de tres dormitorios cun prezo de venda de 95.000 euros; e outras 14 de cadanseus dous dormitorios, por unha cantidade que oscila entre os 74.000 e 77.000 euros segundo a súa extensión.

    Os demandantes poderán coñecer o listado provisional de adxudicatarios e dos suplentes nas listas que penduran do taboleiro de anuncios da delegación provincial, na páxina web da consellería www.conselleriavivenda.xunta.es ; ou mediante unha carta certificada que lle remitirá a propia delegación provincial.

    A partir desta data, os adxudicatarios disporán dun prazo de 15 días para presentar a documentación na que se acredite que cumpren os requisitos de demandantes de vivenda de protección autonómica; así como de que os seus ingresos non superan 5,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples, ou o que é o mesmo, os 32.945 euros anuais. Ademais, aqueles adxudicatarios que teñan uns ingresos anuais inferiores a 3.5 veces o IPREM, poderán solicitar axudas de entre os 13.100 euros e os 18.700.

    Redacción Salnés