A Pobra aumenta a contía destinada a axudas á escolarización

POBRA> As concellerías de Servizos Sociais e Igualdade aumentarán este ano significativamente as partidas destinadas ás axudas á escolarización para este curso. Así para material escolar o Concello entregará unha cota fixa de 55 euros para a compra de material escolar e outra subvención para sufragar o gasto do comedor que pode chegar ó 100%.

A maiores o Concello volverá a ofertar o servizo de madrugadores, para o que se contratarán entre 5 e 6 monitores, dependendo do número de nenos que necesiten desta prestación, e que posibilita entrar dúas horas antes do inicio do horario escolar.

Dende o Concello tamén informaron de que se seguirá colaborando coas ANPA no servizo de comedor escolar poñendo á súa disposición os monitores necesarias para o coidado das crianzas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí