Unicef promove en Ribeira a igualdade de oportunidades a través do deporte

    torneounicef_100_260707.jpgRIBEIRA > Os vindeiros días 3 e 4 de agosto celebrarase en Ribeira o Segundo Trofeo Unicef de Fútbol Sala.

    Ademais da recadación de fondos para esta organización, o obxectivo desta competición solidaria é promover unha vida saudable a través da práctica deportiva ó mesmo tempo que se conciencia á mocidade da necesaria igualdade de oportunidades entre tódalas persoas.

    O torneo, que se desputará no polideportivo da Fieiteira, inclúea as categorías de benxamín, alevín, infantil, cadete e feminino. Á competición poderán inscribirse tódolos equipos que o desexen (sen necesidade de estar federados) no auditorio municipal de Ribeira ata o vindeiro día 2, no que está previsto que se realice o sorteo a partir da unha da tarde.

    Igualdade de oportunidades

    A intención, tanto dende Unicef como dende o concello ribeirés, non é plantexar este evento deportivo como unha mera competición senón como exemplo de solidariedade e de convivencia, que se potencia ademais da práctica deportiva.

    Ademais preténdese chamar a atención da mocidade sobre as desigualdades lembrando os moitos países do mundo nos que os rapaces non teñen nin sequera a posibilidade de xogar e participar en torneos deportivos.

    As persoas que asistan ó campionato deberán aboar un prezo de entrada simbólico, dun euro, que irá destinado a Unicef. Á suma recada durante o torneo, hai que engadir os donativos aportados por varias empresas locais; non só económicos, senón tamén trofeos ou outros elementos como mochilas, camisetas ou gorras, que se sorterán entre tódolos asistentes.

    Redacción Barbanza