Sofía Beiras deixa a presidencia de Zona Aberta

    dv_702_-zona_aberta_100.jpgVILAGARCÍA > Sofía Beiras, a que leva sendo presidenta da asociación de comerciantes de Vilagarcía Zona Aberta, ven de abandonar o seu cargo.

    A renuncia fíxose pública onte a noite non transcurso dunha nova reunión desta patronal comercial; unha nova ós seus compañeiros de directiva xa coñecían desde fai case medio ano, pero que sorprendeu ó resto dos socios e a cidadanía en xeral.

    A razón que esgrime para deixar o cargo é a necesidade de ter máis tempo para os seus negocios e a súa vida; así é todo vai a seguir cooperando con Zona Aberta en todo canto a precisen. Sofía asegura que foi moi feliz neste cargo durante os últimos tres anos, porén chegou o tempo para ela de deixar este camiño.

    No seu repaso a estes tres anos de intensa actividade, Sofía destacada que os peores momentos foron os vividos durante as inundacións de Vilagarcía e os mellores cando conseguiron os logros polos que máis se esforzaron. Beiras só ten eloxios para a nova equipa directiva que queda a partir de agora, e que o luns escollerá a súa nova presidenta ou presidente.

    De aquí en diante, os éxitos de Sofía non serán tan públicos pero de seguro que seguirán as súas máximas de traballar polo beneficio deste colectivo, tan importante para a economía de Vilagarcía.

    Redacción Salnés