A segunda fase na Lanzada poderá ser unha realidade no 2008

    louro100_140208.jpgO GROVE > A recuperación do litoral coa licitación da segunda fase da rexeneración  da Lanzada é unha das grandes ambicións, de Antonio Louro cara as vindeiras eleccións.

    O candidato nº1 do PSOE pola provincia de Pontevedra visitou hoxe o Grove para manter unha reunión co alcalde meco , José Antonio Cacabelos e outros candidatos de partido co obxectivo de redefinir os proxectos que se defenderán en Madrid dende o goberno central.

    Unha xuntanza que serviu para poñer en común os proxectos más demandados no Grove como a potencialización do turismo na vila, unha das maiores inxeccións económicas que os candidatos ó congreso tratarán de ampliar a tódalas épocas do ano. A industria e o medio ambiente son outras das iniciativas marcadas

    Un dos proxectos máis importantes que constitúe unha demanda histórica no Grove é a 2ª fase da rexeneración da zona da Lanzada que segundo os candidatos ó congreso será unha realidade neste mesmo ano .

    Para os futuros representantes pola nosa provincia no congreso e no senado, a implicación do goberno de Zapatero en políticas sociais foi total. Por iso engaden que entre os obxectivos a perseguir na vindeira lexislatura tamén se atopa a subida do salario mínimo interprofesional e a aposta pola creación de 2 millóns de empregos estables.

    VILAGARCÍA > O candidato ó congreso, Antonio Louro tamén acudiu onte a unha reunión en Vilagarcía con tódolos representantes socialistas da comarca do Salnés. Louro sinalou que o futuro da bisbarra pasa pola modernización do país, un obxectivo que se acadará co remate das infraestructuras que xa están marcha. Entre os asistentes á xuntanza celebrada onte  atopábanse  secretario provincial Modesto pose xunto con alcaldes  e parlamentarios socialistas que trataron de achegarlle ó candidato o congreso Antonio Louro o apoio necesario para afrontar a responsabilidade que representa o seu cargo de cara as vindeiras eleccións xerais do 9 de Marzo.

     Redacción Salnés