Parga estima que a ampliación do peirao de Portosín conclúa en tres semanas

pargaenportosin_100_150208.jpgPORTO DO SON > Jacinto Parga visitou o concello de Porto do Son para inspeccionar a marcha dos traballos de ampliación do peirao de Portosín.

{flowplayer}barbanza/pargaenportosin.flv{/flowplayer}

O mandatario do ente autónomo estivo acompañado no percorrido polo porto de Portosín do alcalde de Porto do Son, Manuel Tomé, o patrón da confraría, Eduardo Carreño e o presidente do club náutico, José Albino Vázquez.

As obras, que xa se atopan na derradeira fase, contaron cun presuposto de máis de 568.000 euros. Grazas a esta actuación o peirao pesqueiro de Portosín contarán cunha liña de atraque máis ampla, concretamente 108 metros máis distribuidos en dúas alineacións de xeito que resulta unha explanada de dous mil metros de superficie. A actuación complétase con servizos de escadas, bolardos e alumeado.

Asemade, Portos está na espera de recibir a adscripción de Costas para comezar a prolongación do contradique, actuación ca que remata o investimento realizado en Portosín.

Aproveitando a visita do presidente de Portos, tanto o responsable do pósito sonense coma o do club náutico lle trasmitiron varias demandas para mellorar os servizos do porto.

Inversión millonaria en Porto do Son

Asemade, Parga anunciou que están a traballar nun ambicioso proxecto para mellorar a fachada marítima de Porto do Son co que pretenden integrar o porto na cidade e no que se investirán máis de tres millóns de euros

O convenio entre o concello de Porto do Son e Portos de Galicia está a espera de ser aprobado polo Consello da Xunta. Parga cree que no mes de marzo xa se poderán licitar as obras desta actuación.

Redacción Barbanza