A plataforma contra a variante interior celebra o fin das protestas

concentracionvariantenoia_100_160309.jpgNOIA> A plataforma contra a variante interior de Noia puxo fin este sábado á súa loita despois de máis de dous anos de mobilizacións.

{flowplayer}barbanza/concentracionvariantenoia.flv{/flowplayer}

Un centenar de persoas participaron na praza do concello noiés na concentración organizada pola Plataforma contra a variante interior. Aínda así o acto tiña algo de especial, xa que era a última vez que se mobilizaban para reivindica-lo cambio do proxecto, unha vez que o PP, despois de gaña-los pasados comicios autonómicos, se comprometeu a construi-la ponte sobre a ría.

Dous anos de protestas

Durante a concentración, o portavoz da Plataforma, Xulio Bustelo, dou lectura a un manifesto no que agradecía ó comportamento amosado nestes máis de dous anos de mobilizacións tanto por veciños, como por afectados ou entidades que se solidarizaron dalgunha forma coa súa causa.

Durante a súa intervención quixo enviar tamén unha mensaxe a aqueles veciños que non están de acordo coa construción da ponte sobre a ría. Segundo el non deben interpretar esta situación en clave de vencedores nin vencidos.

A mobilización, ó contrario doutras que se viñeron celebrando nos últimos meses, desenvolveuse nun ambiente totalmente distendido e ó remate da mesma celebrouse nun restaurante da localidade unha cea de confraternidade entre tódolos membros da Plataforma.

Redacción Barbanza