Triángulo de Amor Bizarro faise co ‘Premio Ruído’ 2020

BOIRO> Non todo son malas novas. A banda boirense Triángulo de Amor Bizarro vén de facerse co ‘Premio Ruído’, que outorga a asociación Xornalistas Asociados Musicais ó mellor disco español do último ano. Foi grazas ó seu último álbum, titulado co mesmo nome do grupo: ‘Triángulo de Amor Bizarro’ e que foi realizado en pleno confinamento. A banda acolleu con gran ledicia a boa nova do premio, que recibe por segunda vez na súa historia, xa o fixera no ano 2016 co disco ‘Salve Discordia’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí