
Pontevedra> O Sexto Edificio de Pontevedra vestiuse de longo na fin de semana para celebrar un acto con motivo da entrega do Premio da Cultura Galega ao Museo. Un evento onde dende a Deputación apostaron por abrir os edificios que están pechados deste centro cultural, e por impulsar un comité asesor que deseñe o papel da institución nos vindeiros anos.
Centos de persoas asistiron ao acto para celebrar o Premio Cultura Galega do Museo de Pontevedra. Un evento que tivo lugar no Sexto Edificio. Alí Xosé Leal lembrou que este premio é moi importante para a cidade e e para o Museo.
Leal destacou a importancia do Museo do que dixo que posúe un gran éxito ao traballo e a constancia.
O alcalde pola súa banda sentiuse orgulloso de poder contar na súa cidade cun punto cultural tan importante como o é o Museo de Pontevedra.
E a presidenta da Deputación, tamén presente neste acto, dixo que o Museo de Pontevedra significa todo para o patrimonio cultural.
Dende a deputación insistiron na necesidade de abrir os museos que están pechados e de impulsar un comité asesor que deseñe o papel da institución nos vindeiros anos. Un acto onde a cultura estivo moi presente, e onde, tampouco faltou, como non podía ser doutro xeito a música.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/06/premio_museo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/06/premio_museo.mp4{/flowplayer}








