![]()
SALNÉS > Os equipos do Salnés de futbol sala acadaron sendos empates nos seus partidos de fin de semana. O Hermanos Barbeito fíxoo na casa ante o Avilés Oquendo mentres que o Grupo Junquera tamén sumou un punto co líder da categoría, o Iriote.
Vibrante encontro o que se vivíu en Portonovo. O Barbeito estreaba Baltar, que sufríu unha serie de remodelacións nos últimos meses, e Baltar estreouse por todo ó alto. 7-7, increible.
O Barbeito foise cara arriba dende o inicio a buscar desesperadamente a victoria pero serían os visitantes os que se adiantasen antes do descanso. 2-3 e ós vestiarios.
Na reanudación foi cando se víu o festival de goles. Os de Rodri saíron descentrados e recibiron tres tantos en tres minutos, pero tras un tempo morto souberon reaccionar dárlle-la volta o partido ata o 7-7 final.
Segundo empate consecutivo para o Barbeito que os achega a tres puntos da salvación.
Se foi atractivo o partido de Baltar, non foi menos o de Fontecarmoa. O Grupo Junquera recibía ó líder Iriote, que conta con xogadores que militaron en División de Honor e División de Prata.
Pero semella que os vilagarciáns son outro equipo dun tempo a esta parte e dominaron ó seu rival durante moitos minutos, sobre todo na segunda parte, dispoñendo de ocasións claras de gol que unhas veces os paus, ata catro postes tiraron, e outras o porteiro visitante Diego impediron que os de Santi Iglesias puidéranse levar unha victoria.
Adiantouse por duas veces o Iriote pero dous tantos de Óscar permitiron ó Junquera sumar un punto que os afasta do descenso.
Redacción Salnés







