Derrota do Rasoeiro en Carballo nun partido trepidante

balonman250_190208.jpgGROVE > O Rasoeiro perdeu esta semana a terceira praza da clasificación en favor do seu rival do sábado, o Calvo Xiria (35-34). Os grovenses caeron derrotados tras disputar un partido moi igualado no que os ataques se impuxeron as defensas.

Gran partido o que se puido ver no pavillón de Carballo. Fronte a fronte estaban o terceiro e o cuarto clasficado, o Calvo Xiria e o Rasoeiro. E gañaron os locais, 35-34 pero despois de ter que loitar e correr durante os sesenta minutos.

Comezou un pouquiño mellor o Xiria imprimindo un ritmo de xogo altísimo que o Rasoeiro soubo responder. Non é que as defensas estiveran mal pero os ataques lucíronse.

Os de Lao Santos puideron remontar na segunda metade os dous goles de desvantaxe cos que se foron ó descanso, ó que se chegou con 19-17 para os locais. Pero quizais as excesivas perdas de balón condenou ó Rasoeiro para acabar sucumbindo por un gol.

Intachable a actitude tódolos xogadores que vaciáronse na cancha buscando unha victoria que ó final escapouse. Sobresainte a actuación de Juanjo en ataque que anotou 11 tantos. Agora quedan cuartos na clasificación e enfrontaranse a vindeira semana ó Calfoncal Lavadores, ós que reciben en Monte da Vila.

Nesta mesma división destacar tamén a victoria do Cisne Grupo Pirsa por 25-21 ante o Artai de Poio.

Redacción Salnés