SALNÉS > Ninguén quere deixar de sumar esta semana en Terceira División nunha xornada que se presenta moi interesante, repleta de duelos apaixoantes. Entre eles o que o Vilalonga ha de xogar en A Coruña ante o Montañeros, un partido entre serios candidatos a entrar no playoff de ascenso.
{flowplayer}images/salnes/futbol_250108.flv{/flowplayer}
Gran partido esta fin de semana entre Montañeros e Vilalonga. Dous auténticos equipazos que buscan engancharse ó grupo da parte alta da táboa. O que perda sabe que se lle irán moitas opcións para meterse nese playoff polo ascenso. Agora ambos conxuntos están empatados a puntos, a catro do cuarto clasficado. No apartado de baixas, Josiño Abalde non poderá contar con Lozano por sanción. O encontro, o domingo ás 17:00.
Tampouco estará Miguel Cobas no Céltiga – Lalín que se dIsputa tamén o domingo ás 16:30. Os de Manuel Núñez no se poden permitir outro tropezo na súa casa se é que queren tomar aire cos postos de abaixo. Son cuartos pola cola e continúan en zona de perigo. Enfronte terán a un Lalín que é quinto na táboa e que presume de se-lo conxunto que menos partidos perdeu esta temporada, tan só dous.
Unha división por debaixo, o Ribadumia quererá voltar á senda do triunfo despois de romper unha xeira de trece semanas consecutivas sen perder. Ricardo non poderá contar con Rubén, expulsado con doble amarelo no último encontro . O rival, o Antela, camiña antepenúltimo na xeral polo que non deberían ter problemas para acada-la victoria. Ás 16:30 na Senra.
Á mesma hora comeza o partido no que o Unión do Grove rinde visita ó Ponte Ourense. Os grovenses quererán acada-la súa segunda victoria consecutiva e sairán con rabia ó céspede despois de saber que o Comité de Competición desestimou seu recurso pola alineación indebida do Arenteiro.
Por último, destaca-los encontros de Preferente Norte: Boiro – Compostela; Flavia – Sada e Sarriana – Noia.
Redacción Salnés