Rita Barberá apoia en Pontevedra a candidatura do PP ás eleccións xerais

    ritabarber_100.jpgPONTEVEDRA > A alcaldesa de Valencia, Rita Barberá visitou hoxe Pontevedra para apoiar ás candidaturas provinciais e nacionais…

    … do Partido Popular nas vindeiras eleccións do nove de marzo. Nesta visita á cidade do Lérez, a rexedora de Valencia percorreu distintas zonas da cidade e visitou varios edificios, como as obras do Museo de Pontevedra, onde aproveitou para facer unha visita guiada polo museo pontevedrés na que se interesou por varios obxectos e vestixios típicos desta cultura, e onde plasmou a súa sinatura no libro de honra.

    Nesta visita Rita Barberá estivo acompañada, entre outros, polo líder do PP pontevedrés, Telmo Martín, e polo presidente da Deputación, o tamén popular Rafael Louzán. A alcaldesa valenciana comezou aquí a pedir apoio para a candidatura do Partido Popular que encabeza o tamén Galego Mariano Rajoy, a quen ela describiu como unha persoa moi humana, próxima e chea de sentido común, que farán del un presidente da nación previsible, sen improvisacións e libre de imposicións nacionalistas.

    Asemade, Barberá puxo como exemplo de crecemento en mans do PP, a propia comunidade que ela goberna. Rita Barberá avougou pola seguridade, a confianza e a unidade de España fronte os seus principais problemas: como son a falla de emprego, a subida da cesta da compra, a seguridade e a educación.

    A alcaldesa adiantou tamén algunhas das medidas incluídas no programa electoral do PP, como a de subir as pensións mínimas ata os 600 euros e pico mensuais ou a de defender un bilingüismo integrador.

    Redacción Salnés