O Breogán afronta unha temporada de transición

piraguismo250_210208_001_copy.jpgGROVE > O club meco afronta un ano complicado tras sufrir moitos cambios nas últimas datas.

{flowplayer}images/salnes/piraguismo_210208.flv{/flowplayer} 

O 2008 semella que será un ano de transición para o Breogán, sobre todo despois de ver a grande cantidade de cambios que sufríu nas últimas semanas. Primeiro tiveron que prescindir do seu adestrador Manuel Fernández Valladares, que fichou polo equipo nacional de Kayak xuvenil. O seu sustituto, Javier Brea, durou ben pouco xa que recibíu unha oferta do Centro de Tecnificación de Pontevedra que o levou a cambiar de aires. Foron dous adestradores que con eles se levaron a unha gran cantidade de padexeiros.

Con cambios tamén na directiva, Félix Lamas na presidencia e Fredi Bea como cabeza visible do corpo técnico, comezan a temporada.

Os primeiros resultados foron bastante bos. Acudiron con 18 padexeiros ó Campionato Galego de Inverno a pasada fin de semana en Castrelo de Miño e acadaron cinco medallas, con ouro incluido para Tono Campos. Na xeral por equipos foron terceiros, so superados por Kayak Tudense e As Torres de Catoira.

Agora, centraranse en prepara-la vindeira proba importante, o Campionato Nacional de Inverno, que se disputará en Sevilla os vindeiros días 8 e 9 de marzo. Sorte por tanto.

Redacción Salnés