A ampliación do Hospital comezará no segundo semestre deste ano

    hospitalsalnes_100_210208.jpgSALNÉS > A ampliación do Hospital do Salnés comezará no segundo semestre deste ano, segundo anunciou no Parlamento …

    … de Galicia, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Julio Villar.

    Esta ampliación supón máis de 3.500 metros cadrados de nova construción e ó redor de 1.700 metros cadrados de reforma, sendo o investimento previsto de preto de nove millóns de euros. O director xeral de Asistencia Sanitaria lembrou que logo da ampliación, este centro da rede do Servizo Galego de Saúde incorpora seis novas modalidades asistenciais e seis novas especialidades, ademais de incrementarse o potencial dalgunhas xa existentes.

    ATENCIÓN PEDIÁTRICA

    Tamén falou Julio Villar da atención pediátrica na comarca do Salnés, e lembrou que está garantida con tres pediatras en Cambados, cinco en Vilagarcía, un en Vilanova, e outro para Ribadumia e a Illa. A este respecto, a alcaldesa ribadumiense, Salomé Peña, reiterou o seu apoio ás familias afectadas, que xa anunciaron que estudan novas protestas. A rexedora sostén que a solución da Consellería de Sanidade de desprazarse ata Cambados para que os nenos de Ribadumia sexan atendidos por un pediatra ’empeora a situación’, e cre que acabará ‘por saturar as consultas de Cambados’.

    Redacción Salnés