![]()
CAMBADOS > Esta tarde presentouse en Cambados a Ruta da Cultura Marítima do Salnés, un proxecto promovido pola fundación…
… comarcal do Salnés e da que formarán parte os nove concellos que integra. Os obxectivos que persegue esta nova actividade é ampliar a oferta turística da comarca vinculándoa ás actividades estreitamente relacionadas co mar; como son a pesca, o marisqueo ou o sector conserveiro.
Con este proxecto os turistas que visiten estas terras poderán desfrutar dunha nova actividade lúdico formativa ca que encher o seu tempo de lecer, ó tempo que afondan no coñecemento da cultura e tradicións galegas.
Neste acto, que contou ca presencia dos delegados provinciais das consellerías do medio rural de innovación e industria, e cultura e deporte, os presentes puideron asistir a unha cumprida exposición do proxecto.
A partir de agora, traballadores e empresarios de sectores como as conserveiras, embarcacións mexilloeiras ou mariscadores, por poñer algúns exemplos, disporán dun prazo dunha semana, para presentar unha solicitude de adhesión ó proxecto.
Redacción Salnés









