A BTTinto bate novo récord con preto de tres mil participantes

RIBADUMIA> A BTTinto volveuno a conseguir. Récord absoluto de participación con preto de tres mil deportistas que onte á mañá tomaron a bicicleta para participar nas distintas probas que alberga a competición. Se o ano pasado houbo que plantar cara á choiva, este tocou pedalear baixo un sol de xustiza. Ás nove e media da mañá a praza do concello de Ribadumia era un fervedoiro de ciclistas dispostos a pedalear os 49 quilómetros da ruta ciclista polos montes do Salnés. Preto de 1.200 corredores aventuráronse coa proba raíña da BTTinto, a de Mountain Bike, pero as alternativas non foron menos atraíntes. E é que nas cinco modalidades que incluíu este ano a competición roldáronse en total os tres mil participantes. 2.952 que se inscribiron con antelación, ós que se sumou algún máis de última hora onte á mañá. Se o ano pasado houbo que soportar unha intensa chuvieira, este ano tocou correr baixo un sol de xustiza. Pero non foi problema. Unha organización cualificada de ‘excelente’ polos participantes maila inestimable axuda de Alberto Chaves, Valedor por certo do Viño Tinto, que refrescou ós participantes con auga ó seu paso polas súas terras ademais de garantir un avituallamento de altura ós corredores: repartiu 85 quilos de callos e viño da súa adega. Ademais da proba raíña, este ano a BTTinto contou por primeira vez cun Trail de Montaña, que se completou coa ruta de seindeirsmo de 20 quilómetros, a combinada de 35 quilómetros en bici e 20 de carreira, e a alternativa á clásica de 33 quilómetros e menor esixencia física. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/09/BTT.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/09/BTTINTO.mp4{/flowplayer}