O Arosa ficha a Sayar e renova a Jorge Comesaña

VILAGARCÍA> O lateral abandona o Ribadumia para enrolarse co club vilagarcián mentres que Comesaña renova o seu compromiso co Arosa por unha temporada máis.

Houbo máis movementos no mercado que veñen de confirmarse esta mesma mañá, concretamente con respecto ó Arosa. Trátase dunha fichaxe e dunha renovación.

No que respecta á contratación, a entidade vilagarcián anunciou un acordo con Sayar para a vindeira temporada. Un xogador que actúa no lateral esquerdo e que militou nas últimas temporadas no Ribadumia, equipo que agora se esforzará por atopar un substituto.

O que renovou non foi outro que Jorge Comesaña. O mediocentro vigués foi peza clave na salvación do equipo a temporada pasada e acaba de comprometerse co Arosa por un ano máis.

Pouco a pouco vaise perfilando o plantel do club vilagarcián que ten pinta de que vai ser un dos máis potentes da categoría.

Redacción Salnés