![]()
PONTEVEDRA > As catro Cámaras de Comercio da provincia solicitaron a colaboración da Deputación para un proxecto …
… de sensibilización e formación dos empresarios en xestión de residuos. Estas entidades buscan que os empresarios aprendan a coidar o medio ambiente sen minguar o rendemento dos seus negocios.
A iniciativa está dirixida a empresarios de turismo, comercio e industria. As cámaras pretenden que a Deputación lidere este proxecto, que nunha primeira fase suporía un investimento de 400 mil euros. Desde o organismo provincial vese con vos ollos. Para as cámaras de comercio o máis importante é gastar o diñeiro en formación antes que en medidas de represión.
Redacción Salnés










