Ferida unha muller en Poio tras ser acoitelada pola súa parella

    glorietapoio_100.jpgPOIO > Unha muller de 32 anos foi agredida en Poio pola súa parella sentimental. O home acoitelouna no costado e nunha man, feridas polas que xa foi intervida

    …cirúrxicamente. Agora avanza favorablemente. Mentres, o presunto agresor, natural de Ferrol e de 36 anos de idade, xa está detido. A agresión produciuse na madrugada de onte, nas inmediacións do Polígono Industrial de Poio. A vítima xa estaba malferida ó carón dunha glorieta, cando a atoparon os operarios dos servizos do lixo, ás dúas da madrugada.

    O presunto agresor fuxiu do lugar dos feitos nunha motocicleta, pero os servizos da Garda Civil deron con el a primeiras horas desta mañá, agochado nunhas silveiras cernadas ó polígono industrial de O Vao. Agora atópase ingresado no hospital, pois presentaba síntomas de hipotermia e un corte nun brazo, malia que tan pronto lle sexa concedida a alta, pasará a disposición xudicial.

    O caso de hoxe en Poio, engrosa a xornada negra de onte, na que catro mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas en España. Unha escalada da violencia machista que fixo saltar as alarmas. As voces de condolencia e condena ás agresións repetíronse por parte de tódolos partidos políticos e colectivos sociais. E se dende o PSOE pedían que non se instrumentalizaran os casos para facer política e tamén recordaban que non existen fórmulas máxicas para evitar estes crimes, e que a Lei Orgánica de Protección da Violencia de Xénero funciona, dende o Partido Popular, a Secretaria de Política Social, Ana Pastor, volveu anunciar hoxe as medidas propostas polo seu grupo hai para reducir o número de casos.

    Ana Pastor tamén lembrou a importancia de acadar un consenso entre tódolos partidos políticos para acabar con estes crimes. Unhas mortes, polas se seguiron varias concentracións, unha delas este serán, en Santiago de Compostela. Mañá xoves, haberá outra ás oito da tarde en Vigo.

    Redacción Salnés