BOIRO> A Asociación Boirense de Empresarios entregou os premios da campaña de Nadal. En total, repartíronse dous mil euros en vales de compra, catro cestas con produtos da praza de abastos e e lotes de xoguetes.
Os afortunados gañadores da campaña de Nadal da ABE recolleron este mediodía os seus premios na sede da entidade. O seu presidente ¡ foi o encargado de facer entrega tanto dos vales de compra como do resto de agasallos ós 14 afortunados no marco dunha campaña que bateu records posto que se rexistraron preto de 5000 tickets de compra.
O premio estrela foi para Javier Otero Susavila que resultou agraciado co vale de mil euros. Repartíronse outros mil euros distribuídos en dous bonos de 250, outros dous de 150 e outros tantos de 100. Ademais destes vales a consumir nas máis de 200 empresas asociadas á ABE, repartíronse catro cestas de produtos adquiridos na praza de abastos e tres lotes de xoguetes para os máis cativos.











