Os maiores de Boiro descobren os seus segredos para envellecer con saúde

    diadosmaiores.jpgBOIRO> O 1 de outubro conmemórase en todo o mundo o Día das Persoas Maiores. Os usuarios do centro de día de Boiro sumáronse á celebración.

    {flowplayer}barbanza/diaterceiraidade.flv{/flowplayer}

    Malia que este colectivo representa case o dez por cento da poboación mundial, a celebración desta data non está aínda moi extendida. Por esta razón, os usuarios do Centro Social de Boiro quixeron saír á rúa para amosar á sociedade a súa realidade diaria.

    Os maiores desprazáronse ata a praza de abastos de Boiro onde repartiron folletos informativos sobre as actividades que realizan no centro de día así como as claves para enfrontarse ó paso dos anos de xeito activo e saudable.

    Hábitos saudables

    E é que a vitalidade destas persoas, a pesar de ter superado todas elas amplamente a idade de xubilación é envexable. Din que o segredo reside en realizar un pouco de exercicio físico, o que o corpo permita, e sobre todo manter relacións sociais

    Ademais da campaña informativa, os usuarios do centro desfrutaron nesta xornada doutras actividades como un bingo e unha merenda. Ademais recibiron unha visita moi especial: a dos nenos da gardería que visitaron o centro para entregarlle uns agasallos elaborados por eles mesmos.

    Redacción Barbanza