O concello de Ribeira destina 6.000 euros para subvencionar ós deportistas locais

    bolsasdeportivas_100_270208.jpgRIBEIRA > O concello de Ribeira informou da publicación das bases para o outorgamento das bolsas a deportistas correspondente á pasada tempada 2007.

    {flowplayer}barbanza/bolsasdeportivas.flv{/flowplayer}

    O concelleiro de deportes de Ribeira, Miguel Ángel Vidal, informou da convocatoria de subvencións ós deportistas locais. O presuposto destinado para tal fin ascende a uns seis mil euros, a dividir en distintas categorías. A cantidade máxima á que pode acceder un deportista será de 1.500 euros.

    O concello ribeirés realiza por primeira esta convocatoria, pero agarda seguir realizándoa en anos vindeiros, tratando na medida do posible de ir incrementando o seu presuposto.

    Gala do deporte

    Aproveitaron tamén o acto para presenta-la Gala do Deporte que terá lugar o catro de abril no auditorio municipal, na que se pretende render unha homenaxe e un recoñecemento ó labor e os éxitos acadados polos principais clubs e deportistas da localidade.

    Nesta ocasión os premios do deportes ribeirés valoraranse segundo os resultados e os méritos obtidos durante o pasado ano 2007. Estableceranse cinco apartados: mellores deportistas absolutos; mellores deportistas menores de 18 anos; mellor equipo; mellor deportista masculino e feminino do ano 2007 e mellor club local.

    O xurado estará composto polo propio edil de Deportes e catro vocais, que serán elixidos pola Xunta de Goberno Local. Os veciños que o desexen, así como tamén clubs ou entidades, poderán tamén popoñer a un ou varias persoas para que sexa recoñecido o seu labor, xa sexa pola súa traxectoria deportiva ou ben polo seu apoio ó deporte en xeral dende calquera ámbito de actuación. A relación dos premiados farase pública o vindeiro 28 de marzo.

    Redacción Barbanza