![]()
PONTEVEDRA > O Candidato Popular ó congreso número 2 por Madrid , Manuel Pizarro visitou esta tarde Pontevedra, para pedir en persoa…
… os votos ós galegos e para coñecer de primeira man as súas inquedanzas. O popular asegurou sentirse moi ben acollido pola cidadanía en Pontevedra, e argumentou con sorna, que se debía a que eran accionistas de Endesa, a empresa que el dirixiu durante anos e que producíu importantes beneficios para o accionariado.
No eido político, Pizarro adiantou os principais puntos de ataque da futura política do PP en Galicia; que pasan pola reactivación do Plan Galicia e pola reactivación do emprego. Nun plano máis persoal, o ex-empresario orixinario de Teruel, valorou moi positivamente a personalidade de Mariano Rajoy; e confesou que xa tiña estado en moitas ocasións en varios puntos da xeografía Galega, a onde ten acudido en varias ocasións por razóns de traballo e turismo.
Neste paseo polas principais rúas da cidade, a nova fichaxe do Partido Popular estivo acompañado por figuras emblemáticas deste partido en Galicia,como secretario xeral Alberto Núñez Feijoo, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o presidente local Telmo Martín, o a candidata pontevedresa ó Congreso, Ana Pastor. Esta última, aproveitou a ocasión para valorar a visita de onte do líder socialista José Luís Rodríguez Zapatero á nosa comunidade, na que non tivo en conta á cidade do Lérez.
Pastor denunciou tamén que os socialistas nin sequera eran quen de poñerse de acordo entre eles ata o punto no que a dirección do partido socialista en Madrid non coincidía cas propostas dos socialistas locais en temas como as infraestructuras.
Redacción Salnés











