A ruta xacobea do Barbanza inicia o camiño para o seu recoñecemento

BARBANZA> O estudo sobre o Camiño de Santiago no Barbanza foi presentado a pasada tarde no Hostal dos Reis Católicos nun acto organizado pola mancomunidade de Municipios Arousa Norte e a asociación ‘Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A orixe’.

En 2017 nacía a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza co fin de identificar e poñer en valor a ruta xacobea que discorre por Arousa Norte. Durante máis de dous anos, os investigadores traballaron arreo para recompilar os numerosos datos históricos que avalan a existencia desta ruta. Unha vez definida púxose en valor coa rehabilitación dos treitos que xa non eran transitables. O froito de todo este traballo vén de presentarse nunha gala organizada pola Mancomunidade Arousa Norte en colaboración coa entidade.

A ruta parte de Corrubedo e transita polos concellos de Ribeira, Pobra, Boiro, Rianxo, dodro e Padrón onde entronca co Camiño Portugués. Ademais do valor histórico e patrimonial, o recoñecemento desta ruta supón un factor de atracción turística para a comarca, complementando o camiño de Santiago cunha vertente marítima.

O acto de presentación, celebrado no Hostal dos Reis Católicos, contou con importante presenza de autoridades locais así representantes da Xunta e Deoutación da Coruña. O coro Lauda Sion abriu a celebración coa interpretación de obras sacras mentres que o peche musical correu a cargo de Barahúnda cunha escolma de Cantigas de Amor e Amigo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí