Quintana pide a competencia de salvamento marítimo para Galicia

    quintana100_290208.jpgPOIO > O vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana achegouse hoxe ata Combarro onde realizou unha visita de grande calado marítimo

    …xa que ata se atreveu a faenar cos mariñeiros da zona. Mais tarde Quintana presentou as propostas que o seu partido defende en materia de salvamento e seguridade no mar e criticou sobre todo a política discriminatoria do Goberno con Galicia, cualificando ó executivo central de “celoso e perezoso” coas competencias autonómicas.

    O vicepresidente da xunta de Galicia chegaba puntual ó porto de Combarro disposto a compartir cos mariñeiros un tempo da súa tarefa diaria no mar. Despois de saudar á cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Olaia Davila, ó alcalde de Poio Luciano Sobral e a outros compañeiros de partido dispúxose a meterse na pel dun peixeiro de raíz e xa ataviado co traxe de faena saíron dar un pequeno percorrido pola ría , xa entre redes

    Quintana debeu de pensar que era o seu día de sorte xa que puido facer cuns cantos chocos e un linguado. Xa de volta en terra e metido no papel de nacionalista de prol, sen dúbida co que máis se sente identificado, Quintana destacou a importancia da nosa industria e flota pesqueira á que segundo ó líder nacionalista o goberno central non lle presta moita atención.

    Moitos medios pero pouca preparación para quintana a política exercida polo goberno central é unha política con falta de medidas na mellora da seguridade e salvamento marítimo Tamén pide que a seguridade marítima ten que ser competencia de Galicia . Reclama máis autonomía. Por iso presentan un modelo alternativo onde prima a seguridade e a titularidade atlántica Quintana reiterou a súa solicitude para que no futuro se execute unha participación directa de Galicia na organización marítima internacional co obxectivo de coordinarse con Europa.

    Tamén criticou ó poder central no manexo das competencias, encamiñadas a favorecer a costa mediterránea deixando abandonado o Atlántico. En definitiva tanto a cabeza de lista Olaia Davila como Anxo Quintana pediron o voto aos galegos para ter máis foza en Madrid.

     Redacción Salnés