RÍAS BAIXAS> O sorteo da Lotaría de Nadal deixa boas novas nas Rías Baixas. O Gordo deixa cartos en varios concellos, como Poio ou Noia. En cada unha destes municipios resultou premiado un único décimo.
O número agraciado é o 05490. Hai outras localidades galegas nas que tamén tocou, como Vigo, O Porriño, A Coruña ou A Fonsagrada.
Minutos antes de saír o Gordo, un quinto premio deixaba tamén boas novas na comarca do Salnés. O número 88509 tocou na administración de lotaría da Illa de Arousa. Nesta localidade tamén caeu outro quinto (87092) e un cuarto (25296).