Política Territorial modificará a mellora da estrada AC-305 ante o malestar dos afectados

    visitadelegadocotopv_100_290208.jpgPOBRA > O delegado de Política Territorial reuniuse cos veciños da Pobra para informar sobre o proxecto de mellora da estrada AC-305.

    {flowplayer}barbanza/delegadocotopv.flv{/flowplayer}

    O proxecto que manexa a Consellería de Política Territorial para a mellora da seguridade vial na AC-305 ó seu paso pola Pobra do Caramiñal afecta a un gran número de veciños. As obras comprenden o tramo da vía autonómica entre o límite con Ribeira, na zona de Palmeira, ata a zona da Baiuca, nas proximidades do río Lérez, polo que as propiedades que resultaran afectadas son numerosas, chegando nalgunha ocasión, a queda-las vivendas a carón literalmente do propio vial.

    Redución da sinistralidade

    Para tratar de aclarar na medida do posible a situación, desprazouse á localidade o Delegado da Consellería de Política Territorial, Alberto González, que mantivo unha xuntanza cunha representación dos veciños afectados e membros dos tres grupos políticos con representación municipal.

    Alberto González sinalou que a obra vai realizarse, xa que se trata dunha actuación de máxima prioridade, para tratar de mellora-la seguridade vial un tramo de estrada cun alto numero de accidentes.

    Modificacións no proxecto

    Aínda así puntualizou que se realizará un novo estudo do proxecto, estudando en cada caso pequenas modificacións puntuais no trazado, de cara a prexudicar en menor medida ós veciños.

    Dado que o problema suscitou tamén un certo rebumbio na localidade, o alcalde, Isaac Maceiras, quixo sinalar que en ningún momento se recibira no concello información sobre o proxecto, polo que era totalmente falso que fora sabedor da actuación, coa que se amosan bastante a disgusto, ó afectar a un gran número de veciños.

    Redacción Barbanza