O IES Coroso sae a rúa para dicir ‘non’ ó centro integrado

    manifestacioncentrointegradocoroso.jpgRIBEIRA> Os estudiantes de ESO e Bacharelato manifestáronse diante da casa do concello e fixeron unha sentada ás portas do seu centro educativo.

    Malia que se atopan en época de exames, parte dos alumnos do IES Coroso afectados pola conversión do instituto nun centro integrado de formación profesional, non quixeron perder a oportunidade de facer público o seu malestar pola decisión do goberno autonómico. Consideran que se fixo as súas costas, cos prazo de preinscripción pechados nos outros institutos da comarca, sen darlle opción á escoller centro da súa preferencia.

    {flowplayer}barbanza/manifestacioncentrointegradocoroso.flv{/flowplayer}

    Mesma oferta educativa

    En comitiva desprazáronse ata a praza do concello para gritar consignas en contra do traslado a outros centros do municipio. Queren que o Coroso continúe mantendo a mesma oferta educativa, polo menos, ata que remate a promoción que cursa agora 1 de ESO. O cambio afectará a douscentos alumnos de ESO e Bacharelato do Coroso, que se reubicarán no IES número 1 e no Leiladoura. Temen que o cambio de profesores e a masificación nas aulas poida afectarlles nos estudios.

    A APA xa solicitou unha reunión ca inspección educativa e esta tarde pais e dirección do centro manterán unha xuntanza para coñecer de que forma está prevista facer o traslado dos alumnos. Asemade os pais e profesores tamén teñen a intención de participar nas concentracións que se realicen na capital galega en contra da redución da oferta educativa en ESO e Bacherelato.

    Redacción Barbanza