Este sábado arranca en Lousame a segunda edición do Festimaxia

    LOUSAME> A partir do dezaoito de novembro, a maxia inundará Lousame. A casa da Cultura acollerá a segunda edición do Festimaxia co espectáculo de catro grandes magos de referencia en toda Galicia. O grande éxito da primeira edición animou ó concello de Lousame a organizar un segundo festival de Maxia que se desenvolverá na vila entre o 18 de novembro e o 16 de decembro. Cada sábado ás seis da tarde haberá na casa da cultura un espectáculo para toda a familia. Este ano, o festival conta cunha achega da Deputación da Coruña o que permitrá contar con catro magos de renome. Esta actividade vense sumar á ampla oferta de actividades do concello de Lousame que busca achegar a cultura e o ocio a tódolos públicos. A primeira das sesións terá lugar este sábado. Para ir quentando deixámoslle cunha mostra a cargo do mago Romarís.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí