O Rasoeiro gaña en Lalín e volta pola senda do triunfo

balonman250_040308.jpgGROVE > O Rasoeiro rompeu esta xornada coa xeira negativa de resultados que arrastraba nas últimas semanas e venceu con comodidade ó Portadeza. Con este triunfo os de Lao Santos manteñen a cuarta praza da xeral.

Gran victoria do Rasoeiro en Lalín ante o Portadeza por 26-35. Non tiveron problemas para levarse o triunfo os de Lao Santos que saíron moi metidos no encontro e froito diso colleitaron moi cedo as primeiras vantaxes, que chegaron a ser de cinco goles ós quince minutos.

Estiveron moi acertados en ataque e sobre todo non concederon apenas ningunha perda de balón. O rival sempre estivo a mercede dos mecos que xa gañaban por sete ó descanso.

A segunda metade foi un mero trámite no que o Rasoeiro limitouse a mante-las dieferencias, que incluso se incrementaron a chegaron a ser de ata doce goles, para ó remate quedarse en nove co 26-35 final. Juanjo foi de novo a referencia en ataque con 11 tantos.

Con este triunfo manteñen a cuarta praza da xeral con tres puntos de vantaxe sobre o Lavadores, quinto clasificado e a catro do terceiro, o Calvo Xiria.

 A vindeira semana terán un partido cómodo a priori contra o colista, o Tirso de Molina Mosteiro de Poio ó que xa venceron no encontro de ida por 26-31, polo que non deberían ter problemas para alzarse coa victoria no Monte da Vila.

Resaltar outros resultados como o do Cisne Grupo Pirsa, que venceu ó Camariñas por 29-23 e o do Artai de Poio que empatou (24-24) na súa visita ó Calfoncal Lavadores.

Redacción Salnés