A plataforma da PO-531 resposta as acusacións do PSdeG

    BARRO > A plataforma de afectados pola PO-531 Pontevedra- Curro quixo saír ó paso das declaracións emitidas o pasado venres …

    … polo candidato socialista ó congreso Antón louro e o secretario comarcal Modesto Pose que tacharon ós afectados de grupo orquestrado polo PP en relación coa manifestación que os veciños levaron ó cabo á entrada do mitin no que tamén participaba o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Tourino. Os representantes da plataforma quixeron deixar claro que a súa iniciativa é apolítica e anunciaron a ruptura das negociacións por parte de Política Territorial.

    po_531_200port_-_still_001.jpgOs afectados da PO-531 séntense indignados pola interpretación que o PSdeG PSOE fixo da manifestación que levaron a cabo na entrada ó mitin o pasado venres . Queren saír ó paso das declaración emitidas polo candidato ó congreso , Antón Louro e o secretario comarcal Modesto Pose nas que se referían os afectados como un grupo impulsado polo PP para boicotear o mitin molestaron ós integrantes da plataforma despois de que romperan as negociacións con política Territorial

    Queren reivindicar que a súa entidade de afectados é apolítica e que contaron dende o principio co apio de tódalas forzas políticas do concello de Barro votando a favor as alegación do proxecto. Do concello de Pontevedra, nembargantes non obtiveron resposta

    Fartos de que os partidos políticos descualifiquen o que eles consideran a defensa das súas casas e do seus pobos e se atribúan medallas que non lles corresponden lanzan esta mensaxe Por último a plataforma de afectados da PO-531 quere lembrar que o proxecto presentado por ACOTOP fo presentado na época que gobernaba o PP na Xunta e que agora se quere executar cos mesmos parámetros.

    Insisten nas reivindicacións que veñen facendo dende Xaneiro, a modificación do deseño do proxecto priorizando a seguridade vial permitindo a circulación peonil co obxectivo de conseguir o mínimo impacto ambiental que suporá a expropiacións das vivendas e a liberalización da peaxe AP-9 como solución ó tráfico rodado .

    Redacción Salnés