O PP organizou onte un mitin en Vilanova

    dv_720_-mitinpp_100.jpgVILANOVA > A Casa do Pescador de Vilanova foi outro dos puntos escollidos polo Partido Popular para organizar un novo mitin no que…

    … interviron os candidatos ó congreso pola provincia, a número nº1, Ana Pastor, o número cinco Jesús Pérez Arca, o numero tres ó senado por esta mesma provincia, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde anfitrión Gonzalo Durán.

    En primeiro termo, Perez Arca defendeu a candidatura de Mariano Rajoy nos vindeiros comicios do 9 de maio, como auténtico galego e defensor de políticas concretas, fronte ó esaxerado idealismo de Zapatero. Esta mesma improvisación do actual goberno de Zapatero foi denunciada tamén polo actual alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís. Asemade, os populares sobrancearon a crise económica que está a vivir o pais e para a que eles teñen previsto solucións prácticas; que pasan, entre outras medidas, polo aumento das pensións mínimas e a equiparación do soldos entre homes e mulleres.

    Esta especial atención dos populares tamén se centrará na educación e nos maiores e dependentes, así como nas pensións de viuvedade, que levan, segundo aseguraron, catro anos sen actualizarse. Na súa quenda de intervención, Ana Pastor quixo tamén apuntar ós problemas do sector do agro galego e, especialmente da pesca como puntos de ataque da futura política do PP. Deste xeito, adiantaron medidas concretas para a loita contra o furtivismo. Neste eido, tanto Cores Tourís como Ana Pastor quixeron poñer como exemplo de xestión á confraría Vilanovesa, fronte a ineficacia da actual conselleira de Pesca, Carme Gallego.

    A este respecto, os populares avogaron por recuperar un maior peso no sector pesqueiro que facilite a recuperación de caladoiros internacionais; potenciar o sector acuícola e actualizar o réxime xeral de traballadores do mar; e en Sanidade cualificaron a situación actual de vergonza.

    Redacción Salnés