VILAGARCÍA> O Vilagarcía de Carlos Paz proclamouse campión de España de Platú 25. O forte vento que soprou onte na Ría de Arousa fixo que se suspendesen dúas das tres mangas programadas, algo que beneficiou ó Vilagarcía que soubo manter o liderato acadado na xornada sabatina.
O Vilagarcía, do Liceo Casino, renovou o seu título nacional de Platú 25 e fíxoo na casa. Trala boa xornada feita o sábado na que a embarcación patroneada por Carlos Paz colocouse en primeira posición da xeral e obtivo unha boa vantaxe con respecto ós seus rivais máis directos, souberon amarrar o liderato para levarse a victoria.
A clave para o domingo residía en manterse nas tres mangas entre os tres primeiros clasificados. E o vento sorpou o seu favor. Fíxoo con tal intensidade que tiveron que suspenderse dúas das tres probas para celebrarse tan só unha manga. Nela, pese a ter problemas no paso dunha baliza que lles obrigou a autopenalizarse e colocarse na derradeira posición da flota, puideron remontar ata o oitava praza que finalmente non lles custou o título.
Esa última manga foi para o Marvo, de Alberto Viejo, que rematou na segunda posición da xeral, xusto por diante de La Revoltosa de Axel Rodger, que completou o podium. O Caixa Galicia, de Ero Pons, campión galego, rematou oitavo.
O Vilagarcía faise por segundo ano consecutivo co Campionato de España, logo de vencer en 2008 en Palma de Mallorca. A súa traxectoria o coloca como unha das referencias da clase a nivel internacioal.
Precisamente no mes de setemmbro volverán a ter a súa oportunidade no Campionato do Mundo que se celebrará en Italia e onde tentarán mellorar a séptima posición acadada en Creta o ano pasado.
Redacción Salnés