Isaac fernández xa dispón de tódalas súas xogadoras

extrugasa250_240908.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa comeza xa por fin a prepara-la temporada con tódalas xogadoras do plantel dispoñibles. Chegaron a rusa Sholokhova e a americana Young e agora toca facer que tódalas pezas encaixen para crear un equipo que sexa difícil de batir.

{flowplayer}images/salnes/baloncestoExtrugasa_240908.flv{/flowplayer} 

O Extrugasa xa está en marcha, nesta a súa primera semana real de pretemporada. Primeiro foron Meredith Alexis e Jaklin Zlatanova, e agora Vicka Sholokhova e Tamera Young, que dixo estar moi contenta en Vilagarcía e moi a gusto coa recepción que lle fixeron as súas novas compañeiras.

Agora tocará por tanto conxuntar a todo este grupo de xogadoras moi xóvenes pero con moitas gañas, moi traballadoras. Entre elas o caso de Meredith Alexis, unha xogadora que foi contratada, entre outras cousas pola súa estatura, 1,95, pero cando chegou a Vilarcía comprobaron que a súa altura era realmente 1,88. Pese a isto, a pivot norteamericana convenceu en tódolos aspectos a Isaac Fernández.

Trala derrota na final da Copa Galicia, da que non se poden sacar moitas conclusións, haberá que armar un equipo en prácticamente tempo record, quince días.

A primeira oportunidade da afección de ver a este renovado Extrugasa será esta vindeira fin de semana, cando se disputa o propio Trofeo  xtrugasa, ó que están convidados dous dos galos da liga feminina española: o Celto Indepo e o Perfumerías Avenida.

Redacción Salnés