BOIRO> As dúas probas foron presentadas esta mañá nas instalacións do náutico crucense.
Cabo de Cruz será este próximo domingo o epicentro do remo galego, coa disputa da sétima edición da Bandeira de Traíñas Mariña Cabo de Cruz – Concello de Boiro e a segunda Bandeira de Traíñas Feminina Rianxeira.
A competición arrancará, ás once, coa regata feminina, para posteriormente, unha vez rematada proceder, coa proba masculina.
O club local, que participará nas dúas, agarda realizar un bo papel diante da súa afección.