{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/22/premios_lotaria_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/22/premios_lotaria_salnes.mp4{/flowplayer}
SALNÉS> O Gordo do Nadal esqueceuse de O Salnés, pero na comarca houbo que celebrar outros premios. Nin máis nin menos que o terceiro foi vendido en Vilagarcía, que cunha serie do 5.263 repartiu 500 mil euros a veciños da vila. Un décimo do cuarto premio vendeuse en Meis. Pero foi un quinto o que deixou máis alegrías, desta volta en Sanxenxo: o 89.023 repartiu case seis millóns de euros na vila grazas aos 960 décimos vendidos. O premio máis xeneroso de Galicia.
En Sanxenxo non tocou o Gordo, pero si o premio máis xeneroso de toda Galicia. O 89.023, un dos oito quintos, vendeuse na administración de lotaría da rúa Madrid. 96 series deste número, 960 décimos, 6.000 euros por cada un e un total próximo aos 6 millóns de euros. A maior parte despachouse dende a Cafetería California, na rúa Cunchas, establecemento que durante todo o ano xoga a este número.
A fidelidade dos clientes tamén se premiou en Vilagarcía. Na capital arousá caeu o terceiro premio, con dez décimos do 5.163 que se venderon na administración da rúa Rei Daviña. Repartiron 500 mil euros, 50 mil ao décimo.
Con este terceiro premio, a administración de Rei Daviña estréase repartindo sorte na Lotaría de Nadal. Máis experiencia teñen en Casa Samuel, en Meis, que este ano venderon o 71119: un cuarto premio con 20 mil euros ao décimo.