EU desaproba a reconversión das sociedades públicas de estiba nas Apies

    esquerdaunida_100.jpgVILAGARCÍA > Esquerda Unida mostrou hoxe a súa desaprobación o que parece xa un proceso imparable, a reconversión das sociedades públicas …

    … de estiba e desestiba en Apies, agrupacións portuarias de interese económico. Esta privatización tamén vai chegar ó porto de Vilagarcía durante o 2008 . Dende o partido, o concelleiro Ramón Bueno, tamén sinalou esta mañá que as Apies non van ser a solución o descenso do tráfico de mercadorías rexistrado no porto de Vilagarcía durante o 2007, tal e como apuntaban dende as empresas consignatarias de Sestiva.

    Para este partido, a única solución a esta desaceleración é incrementar o tráfico do túnidos, que actualmente copan na ría de Arousa as radas da Pobra e Ribeira. A cifra que marcan dende Esquerda Unida para que o tráfico no porto vilagarciá siga sendo viable é a das 20.000 toneladas de túnidos. E é que a diminución da actividade do porto de Vilagarcía nun 0,2 por cento durante o pasado ano, supuxo unhas perdas duns 100.000 euros para as seis empresas integrantes de Sestiva, que agora van a pasar a mans da iniciativa privada. Comisión Obreiras e a UXT xa convocaron dúas folgas para os días 11 e 12 deste mes.

    Outro asunto que tamén preocupa, e que criticaron dende EU, é o acordo de colaboración firmado entre o presidente da autoridade portuaria, Javier Gago, co director de Protección Civil de Vilagarcía. Dende o partido, aseguran que se trata dunha inxerencia de competencias por ámbalas dúas partes, xa que quen ten que subscribir o convenio coa rada é o propio concello de Vilagarcía, titular do servizo de Protección Civil.

    Redacción Salnés