A conselleira de Infraestruturas conciencia ós escolares da Pobra sobre o coidado da auga

POBRA> Ethel Vázquez participou esta mañá nunha visita con escolares á Estación de Augas Residuais da localidade. A actividade formaba parte das celebracións do Día Mundial da Agua.

A Conselleira acompañou a un grupo de alumnos de cuarto da ESO do Instituto da Pobra do Caramiñal nunha visita que realizaron esta mañá á EDAR da localidade. A actividade formaba parte dunhas xornadas organizadas dende Augas de Galicia para conmemorar o Día Mundial da Auga e aproveitar para sensibilizar ós máis nóvos sobre o coidado e a importancia da auga.

Ethel Vázquez tamén se referiu á importancia de seguir traballando de cara ó saneamento integral. Segundo ela no Barbanza tense avanzado moito nestes últimos anos cun investimento da Xunta nesta materia superior ós mil millóns de euros.

Comments are closed.