Comezan os traballos de recuperación duns 20 muíños, lavadoiros e fontes

    roteirosdaauga_100.jpgRIBADUMIA > Dende a semana pasada, os alumnos do módulo de medio ambiente do programa Os Roteiros da Auga están a traballar

    …no acondicionamento de cerca de vinte fontes, lavadoiros e muíños do concello de Ribadumia .

    Esta actividade práctica que están a desenvolver busca, ademais de complementar a formación dos alumnos, conservar o patrimonio histórico e etnográfico de varios municipios do Salnés. Para elo van levar a cabo traballos de recuperación e restauración do entorno natural dos muíños, fontes e lavadoiros, das sendas e paseos naturais que levan a ata eles e tamén das propias construcións tradicionais. Unhas obras que ademais de ser un activo cultural de gran valor histórico, constitúen un dos principais atractivos de concellos interiores coma o de Ribadumia.

    En total, vanse acondicionar 9 antigos lavadoiros, 4 muíños e 6 fontes do concello de Ribadumia. Pero ademais do módulo de medio ambiente, Os Roteiros da auga, tamén conta coas especialidades de carpintería e albanelería que tamén comezarán en breve os traballos en Ribadumia, facendo quendas cos outros dous municipios que participan neste proxecto, Meis e Meaño, e que conta cun orzamento duns 600.000 euros aportados pola Deputación de Pontevedra.

    Redacción Salnés