Torres Colomer accede ó Senado e Toño Novoa queda ás portas de facerse co escano

    eleccionsbarbanza_100_1000308.jpgBARBANZA > No Barbanza tamén se viviu con intensidade a noite electoral. En Ribeira, os líderes do PP e do PSOE eran candidatos ó Senado e a voceira do BNG ó Congreso.

    {flowplayer}barbanza/eleccionsbarbanza.flv{/flowplayer}

    José Luis Torres Colomer acudiu cedo ao seu colexio electoral situado no casco urbano de Ribeira, ao redor das dez da mañá. Unhas horas máis tarde, fixérono Dominga Brión, candidata ao Congreso polo BNG e Toño Novoa, candidato ao Senado pola formación socialista, que non puido acceder ao interior do seu colexio por mor da estreiteza da porta de entrada. Como xa acontecera nos pasados comicios municipais, foi preciso sacar as urnas a rúa para que o socialista exécese o seu dereito ao voto.

    Alta participación

    Malia este incidente, a xornada electoral no Barbanza viviuse con tranquilidade e marcada pola alta participación, que superou o 74%, dato que se iguala co rexistrado a nivel autonómico. A noite electoral congregou a militantes e simpatizantes nas respectivas sedes das formacións políticas. Preto da medianoite, o partido socialista xa celebraba a vitoria de José Luis Rodríguez Zapatero.

    Con todo, non foi unha celebración completa: Toño Novoa quedou as portas de acadar o seu escano no Senado. A provincia de A Coruña tan só obtivo un senador polo PSdeG-PSOE que ocupará Francisco Javier Losada.

    Ribeira: feudo do PP

    O concello de Ribeira voltou demostrar que segue a ser un dos feudos do partido popular, onde máis do 50% dos votos emitidos polos cidadáns asignáronse a esta formación política. Ademáis disto, conseguiu situar ao seu alcalde na cámara alta das Cortes. Torres Colomer mostrouse moi ilusionado con esta nova andaina na súa vida política e asegurou que o seu desexo e traballar para que Senado se convirta na voz dos concellos.

    Pola súa banda, na sede do BNG estiveron pendentes ata o derradeiro minuto dos resultados: os nacionalistas conseguiron manter, tanto en A Coruña como en Pontevedra as dúas actas de deputados, xa acadadas hai catro anos. Resultado do que se sentiron satisfeitos xa que consideran manterse nun contexto político marcado polo bipartidismo. O BNG sitúase como a sétima forza política con máis escanos no Congreso, igualada a Esquerda Unida e Coalición Canaria.

    Redacción Barbanza