Posta a punto das praias de cara a Semana Santa

     SANXENXO> A Deputación de Pontevedra e mailos concellos máis turísticos da provincia están a prepararse para a tempada de Semana Santa.

    {flowplayer}images/salnes/TURISMO_SEMANA_SANTA.flv{/flowplayer}
     
    É o caso de Sanxenxo a onde chegaron estes días as máquinas limpa praias da Deputación para completar o traballo da cuadrilla municipal.
     
    Novamente o clima decidirá sobre o éxito ou fracaso da tempada. A día de hoxe as expectativas non son moi boas, a penas hai reservas, xa que o turista actual espera ata o último momento para ver as previsións meteorolóxicas. O Concello está a facer agora unha campaña en Castela León e Madrid, comunidades de orixe da maior parte dos visitantes que recibe no verán, e esperan que teñan unha repercusión positiva de cara a Semana Santa.
     
    E mentres esperan polos turistas, agora toca acondicionar os entornos naturais máis visitados, como a Ermida da Lanzada. A maquinaria da Deputación leva desde a semana pasada acondicionando o acceso e unha zona de aparcamento.
     
    O Concello de Sanxenxo ten arestora unha cuadrilla de 12 persoas que se ocupa do acondicionamento das praias, sobre todo dos accesos, que foron os máis danados polas chuvias deste inverno. A alcaldesa informou que a partir de abril se contratarán reforzos para a posta a punto dos areais de cara o verán.
     
    Redacción Salnés